
Mantemento de aplicacións web
Somos especialistas na personalización, administración, creación e posta a punto de diversas aplicacións web de uso estendido:
Contidos web - SCORM
Somos expertos na produción de contidos web en xeral, e tamén para ámbitos específicos como a formación. Neste campo destacamos na produción baixo as normas do estándar SCORM 2004, de forma que os contidos sexan reutilizables nas distintas plataformas de teleformación.
Desenvolvemento de aplicacións web
Producimos aplicacións web baseándonos na orientación a obxectos e patróns de deseño informático, para lles ofrecer aos nosos clientes a flexibilidade e estabilidade que precisan. Outra fortaleza das nosas aplicacións web é ser software libre (e por tanto de código aberto) de desenvolvemento propio, así que sempre cabe a posibilidade de mellora e reutilización por parte dos nosos clientes, garantindo as liberdades básicas de uso de software.